Comunicado para residentes en Santiago de Compostela
Desde o 24 octubre e ata o 6 de Novembro, xa está aberto o período de votación na área de Mocidade para os orzamentos participativos do Concello de Compostela: https://decide.santiagodecompostela.gal/#/page/opt1
Cultura sin gluten presenta unha proposta para encher de diferentes expresións artísticas e culturais a cidade de Compostela (centros socioculturais e Matadoiro Compostela) durante cinco meses. Mais info sobre este festival: https://decide.santiagodecompostela.gal/…
Que preciso para poder participar na fase de selección de propostas para a Mocidade?
- Estar empadroada en Santiago e facer o rexistro (en dous sinxelos pasos), co teu DNI e a túa data de nacemento.
- Tes entre 16 e 35 anos.
- Se estudas en Compostela. Só precisas achegar o resgardo da matrícula deste curso a través do correo decide@santiagodecompostela.gal.
Hai que votar a 10 propostas facendo unha asignación decrecente de puntos, desde 10 ata 1. O prazo para votar as propostas de Mocidade remata o 6 de novembro.
Pois se vos apetece votar a dez das interesantes propostas, aquí tedes o enlace: https://decide.santiagodecompostela.gal/#/page/opt1
Moitas grazas!
España, 28 de octubre de 2016 .-